Presentación do libro «Intelixencia Artificial para a sociedade», en Baio ten as Letras

Fina Paulos e Óscar Rey presentaron esta mañá na carpa da Feira das Letras o seu libro no que falan dun xeito claro e sinxelo sobre o mundo da Intelixencia Artificial abordando o seu impacto. É unha obra dirixida a todos os públicos, especialmente a aquelas que lles interese afondar sobre esta nova ferramenta sen necesidade de ter coñecementos técnicos avanzados.
Durante a presentación estiveron acompañados do Alcalde, Manuel Muíño; e da Concelleira de Educación, Pilar García.








Publicar comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.