Comparte

Proxecto educativo realizado co alumnado da materia de Intelixencia Artificial para a sociedade de 4ºESO do IES Maximino Romero de Lema, coordinado por min para argallando.gal. O alumando recompilou fotografías sobre tradicións e costumes do século pasado ás que se lle dou vida con IA e utilizouse a radio apra que eles as describisen aportando coñecemento sobre como vivían os seus antepasados. O alumnado editou os vídeos correspondentes, utilizaron NFC para enlazalas fotos cos vídeos na nube e tamén contamos coa inestimable colaboración do profesor Fran Velo para crear o cabazo coa cortadora láser, que almacena todas as fotos do proxecto. Deste xeito voltamos a utilizar Polos Creativos e a potencia da IA para recuperar as nosas tradicións nun proxecto interxeracional.

Aquí podedes ver o vídeo resumo do proxecto:

Leave a Comment