
V Semana da Diversidade Sexual de Nigrán
XORNADA EDUCACIÓN SEXUAL: MATERIA PENDENTE
Celebrada o 31 de mayo no Auditorio de NIGRÁN
A educación sexual continúa sendo unha materiapendente no noso sistema educativo. Todos os estudos apuntas cifrasaltas en torno ao uso da pornografía como fonte de información, oque carrexa un coñecemento sesgado do que é a sexualidade, poñendoo foco só na procura de pracer e o desexo sexual comoalgo instintivo e fóra de control. Este modelo,básicamente falocéntrico, está o alcance de calquer menor que teñaacceso a un móvil ou ordenador.
Esta representación reduccionista dasexualidade, sen outros referentes na súa contorna, non só leva aomantemento de estereotipos sexistas, que afecta o modo derelacionarse e ao desenvolvemento de actitudes discriminatoriascara *o outro, diferente,senón que priva ás persoas mozas de desenvolver competenciasimprescindibles para gozar dunha boa saúde sexual.
A educación sexual integral e inclusiva desde idadestemperás supón unha vantaxe en autocoñecemento ecapacitación de xestión emocional e da identidade, e favorece odesenvolvemento de relacións baseadas no respecto e o bo trato desdea inclusión da diversidade.
Esta Xornada foi dirixida a repensar a educación sexualno noso modelo educativo, reflexionar sobre os beneficios dunhaeducación sexual integral e inclusiva, como e onde enfocala en cadaetapa evolutiva, e dar a coñecer recursos dispoñibles nesta materiaa nivel nacional e autonómico.
Se non podemos poñerlle portas a pornografía, léaseinternet, abrómoslle as portas a una educación sexual integral,inclusiva, con perspectiva de xénero e diversidade.



